¡¡¡Regata de Windsurf en el Raso!!!

Hola Amigos,

¡¡Por fín una Regata!!, gracias al Club Marítimo de Redes:

 I XUNTANZA DE OUTONO “PARROQUIA DE CAAMOUCO”

O 14 de Novembro, o *Club Marítimo de Redes* organiza para os afeccionados ao wíndsurf, no cámping do Raso unha pequena competición co obxecto de promover este deporte na bisbarra de Ferrolterra.

As clases participantes serán as de Fórmula Windsurfing, Raceboard, Techno e unha clase Open.
Para as clases FW, Raceboard e Techno o percorrido consistirá nun circuíto de boias tipo triángulo olímpico, cun barco de comité encargado de dirixir a saída e a chegada. Se a meteoroloxía o permite, realizaranse 4 mangas para cada clase. A duración de cada manga será de aproximadamente 25 min existindo un tempo de descanso entre manga e manga duns 10 min.
Para a clase Open o percorrido consistirá en dúas boias colocadas ao través para realizar unha proba tipo Slalom en “oito”. Segundo sexa a dirección do vento, a saída terá lugar dende a praia ou ben dende a auga controlada por un barco de comité que podería ser o mesmo que para as outras clases. Se a meteoroloxía o permite, realizaranse tamén 4 mangas a duración das cales será duns 5 min.

O _*programa*_ para este día será o seguinte:

Cara ás 11:30 da mañá recibiremos aos participantes no cámping para a formalización de inscricións e entrega de obsequios.
Ás 12:45 h. Terá lugar a reunión de patróns.
Á 1:30 h. Dará comezo a competición realizándose todas a mangas descritas anteriormente. Para iso, a duración estimada será de entre 3 e 4 horas.
Ás 18 h. Será a entrega de trofeos seguida dun aperitivo no mesmo cámping.
Ás 20 h. Darase por finalizado o evento.

_*Inscripción*_:

A inscripción é obligatoria para todos os participantes.
O prazo de inscripción remata o 12 de novembro de 2009 ás 22:00 horas.
A inscripción inclúe bocadillo, fruta e bebida que se entragará no momento de chegada á zona de inscripcións xunto cun agasallo.
Tamén inclúe un aperitivo que se servirán aos participantes logo da entrega de trofeos.
O prezo da inscripción é de 10 euros que se farán efecivos no nº de conta 2091-0211-21-3040001806 (Caixa Galicia de Ares).
Unha vez feito o ingreso deben mandar correo electrónico a
_*cmr@caamouco.net*_ cunha copia do resgardo do ingreso xunto cos seguintes datos:
– Nome completo do patrón.
– DNI
– Tlfno. de contacto e horario de contacto.
– Enderezo de correo electrónico.
– Lugar de procedencia.
– Clase na que participa. Raceboard, Fórmula Windsurfing, Techno ou Open.
– Número de vela. En caso de non ter poñer un provisional que se confirmará na zona de inscripcións. O número de vela deberá figurar na vela en tamaño grande e lugar visible polos xueces.

A inscripción completarase o día da xuntanza na zona inscripcións.

CMR_RegataWind09[1]

¡Hay que animarse y acudir, caguensos!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s